jueves, 20 de abril de 2017

GÚSTANOS DISFRAZARNOS!

      Como xa sabedes pola entrada de onte, agora temos un disfraz de Willy Fog na Pementeira e o encargado ten o privilexio de poñelo para pasar lista. Onte  tocáballe a Rafiña coincidindo coa celebración do seu cumpleanos. E hoxe foi o día de Adan.


    Sara García quixo traer ao cole unhas obras de arte que ela pintou durante as vacacións de Pascua. Eu estou encantada de que teñan ganas de pintar e debuxar, e espero que, tamén, de modelar, de facer móbiles, de bailar e cantar, de facer teatro e de todo o que teña que ver coa arte en xeral. Sara pintou a súa persoal "Noite estrelada", a "Torre Eiffel" e a "Torre de Pisa".

    E aproveito esta entrada para mostrar todos os avances que están a facer estes nenos en lecto-escritura. Cada día menos nenos necesitan a tarxeta para copiar o nome (e xa poden facelo con autonomía) e anímanse sen medo a escribir os nomes dos seus mellores amigos (como seguro que xa comprobástedes no caderniño que levaron para casa).




























3 comentarios:

  1. Como traballan estes pementeiros xenial rapaces moi ben

    ResponderEliminar
  2. Como traballan estes pementeiros xenial rapaces moi ben

    ResponderEliminar
  3. Todos o fan de maravilla. Noraboa pementeiros e pementeiras

    ResponderEliminar