martes, 25 de abril de 2017

COUSAS DO DÍA A DÍA

      Estes días estamos facendo as nosas tarefas habituais na aula pero con moitas baixas, porque a varicela está deixando A Pementeira sen alumnos/as. Esperamos que se vaian recuperando prontiño todos os nenos e nenas porque xa temos ganas de velos. Seguimos disfrutando co disfrace de Willy Fog. Os últimos encargados que tiveron a sorte de vestirse como o protagonista de "A volta ao mundo en 80 días" foron Mario e Noa que estaban moi elegantes, leoninos e alegres. Dame tanta envexa velos tan guapos que hoxe ata me disfracei eu coa garabata, a máscara e o sombreiro (porque a chaqueta non me sirve, claro).







     ¿Non me diredes que os pementeiros/as non están elegantes para pasar lista, non?
      Rematado o noso cadro de Kandinsky, xa está colocado no seu marco xunto con "Amapolas" e "Cala amarela" de Georgia O´Keefe e "Bodegón" de Cezanne. O noso corredor-museo está quedando moi ben.

                                      
                                     
        Como veredes no vídeo que aparece a continuación, con menos nenos/as tamen é moito máis sinxelo estar tranquilos e traballar con calma e disfrutando da música clásica. Temos máis espazo físico, máis oportunidades de falar e menos elementos distractores, claro, pero aínda así, temos que dicir que botamos de menos aos nenos que faltaron ao cole porque formamos un equipo fantástico que agora está incompleto.


5 comentarios:

  1. Pois que están elegantes para pasar lista , guapos no , guapisimos,os compis que faltan tamen vos votan de menos

    ResponderEliminar
  2. Gracias pila parte q nos toca. Marcos xa esta moito mellor. Quedanlle ainda alguns graniños sin secar pero a maioria xa están secos. Un bico a todos e OS q están tamen coa varicela a recuperarse para volver con moitas ganas

    ResponderEliminar
  3. Jolin si se vos vota de menos....Enzo todos os días nada mais se levanta vai mirar a ver se lle pasaron os granos para ir o cole. Mami dille a Teté que xa me están pasando os granos, e a verdade e que si,xa lle están secando todiños, este pementeiro xa está a piques de incorporarse. A recuperarse todos os que están coa varicela e a volver pronto!!!!

    ResponderEliminar
  4. A verdade o meu fillo está soiño pero ¡¡¡logo se incorporarán os seus compañeiros de clase!!
    Como traballan e que concentrados,¡¡¡bo traballo pementeir@s por esas obras de arte tan ben pintadas!!!!

    ResponderEliminar
  5. Nótase moito na aula que faltan nenos. Certamente hai máis tempo para atender aos que están, claro, pero a verdade é que se botan de menos e xa temos ganas de estar todos xuntos de novo. A verdade é que a varicela entrou con ímpetu na Pementeira. Espero que todos veñan con moitas ganas de seguir aprendendo e disfrutando xuntos. Desde aquí mandámoslle un bico a Enzo, Marcos, Gabriel, Óscar,Hugo, Yeico, Anrís e Rafiña.

    ResponderEliminar