martes, 17 de enero de 2017

ALEXANDER CALDER

   ¡Por fin se aclarou o misterio! Hoxe rematamos esa "obra de arte" que empezamos picando formas xeométricas. Non sei se algún pementeiro/a xa descubrira a finalidade desas pezas, pero agora poderedes comprobar para que estaban destinadas.
   Pois ben, a semana pasada coñecemos a un artista estadounidense moi interesante chamado Alexander Calder. Calder foi un escultor coñecido por inventar o "móbil" ou chupin (xoguetes móbiles colgantes). As obras de Calder son fantásticas, atraen a nosa mirada coas cores, as formas e o seu suave movemento que parece que nos relaxa.
 Resultado de imagen de alexander calder esculturas


     Como este ano é puramente creativo e artístico, despois de pintar coma Mondrian ou Pollock tocou construir un móbil coma os de Calder. Picamos as figuras, compramos alambre e... ¡a traballar!




 E, finalmente, xa temos a nosa escultura colocada no corredor de infantil. A ver que vos parece. Agora temos que facer máis para encher un pouco ese espazo que quedou baleiro despois de sacar as estrelas.




¡Non somos Calder, pero poñémoslle ganas!

5 comentarios:

  1. Cada día sorprendedesme mais! Sodes tod@s uns artistas! Q obra de arte! As obras de Calder xa teñen a competencia na Pementeira. Gracias de novo

    ResponderEliminar
  2. A petición dos tres estamos buscando fotos de móviles de Calder. Rita: "mamá, podemos facer un móvil algún día?" _ Marcos: " no te preocupes q te enseño yo como se hace q ya sé"
    Ja ja ja

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Paréceme xenial!Así me gusta, Marcos, ensínalle como se fan! O mundo da arte é fascinante! Poñédevos a traballar, e nós aínda temos moito teito libre (por se queredes enchelo un pouco, jeejeje). Grazas por visitar o blog e deixar un comentario. De vez en cando lémolos na aula e aos pementeiros faille ilusión ver que as súas mamás e papás comentan que lle gustan as cousas que facemos no cole. Xa temos outro móbil no "forno" ...

      Eliminar
  3. Que chulada!!! Sodes tod@s uns artistas👏👏👏, xa estou deseando ver o outro móbil😊

    ResponderEliminar
  4. ¡¡Quedouvos precioso!! ¡¡desexando ver o outro mòbil!!
    ¡¡Intentaremolo facer na casa!! Espero que nos saia ben,jeje

    ResponderEliminar