jueves, 10 de noviembre de 2016

OS EQUIPOS DA PEMENTEIRA

Estamos xa a piques de iniciar o noso proxecto de traballo. Aínda non vos vou dicir o título pero, vendo os nomes dos nosos equipos na aula, poderedes imaxinar por onde van os tiros. Aquí podedes ver o momento en que lles presento aos nenos/as a denominación de cada grupo. Por suposto recordar o nome é importante pero, tamén, ter unha imaxe que se asocie rapidamente con eses nomes.
TAJ  MAHAL

PARTENÓN

PIRÁMIDES  DE  GIZA
A continuación veredes os membros de cada un dos equipos. E serán eles mesmos os que vos digan o nome do seu equipo. ¡Escoitade ben!






 E hoxe estivemos facendo unha actividade impresa e os pementeiros/as estiveron moi concentrados e traballando moi ben.






7 comentarios:

  1. Nos tamén estamos intrigados e con ganas de saber máis, agardamos que vivan moitas experiencias con esta nova aventura que comeza!!!!
    ;)

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Eu estou completamente convencida de que imos vivir xuntos moitas experiencias divertidas. A ver ata onde chegamos!!!!!e vós tamén participaredes así que preparade as maletas!

      Eliminar
  2. A ver onde chegamos! jajajaja! Eu tamén estou impaciente xa por descubrir moitas cousas novas con estes pementeiros!

    ResponderEliminar
  3. Entón estamos todos igual. Desaxando saber mais e velos a eles aprender e disfrutar! Que ganas!

    ResponderEliminar
  4. por certo, MARCOS dixome que tamén había unha "ciudad Perdida"??????

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. ¡Uy! pois teño que repensar ben o que dixen e expliquei porque non sei eu a que cidade se refire.Dalgún comentario sacaría esa conclusión. A ver o que averiguamos!

      Eliminar
  5. Encantanme!!! Xa estamos desexando que empece o proxecto para disfrutar del cos pementeir@s ☺☺☺

    ResponderEliminar