jueves, 31 de marzo de 2016

¡LEO XA TEN 6 ANOS!

¡Non paramos! Seguimos coas celebracións. Hoxe tocoulle o turno ao pementeiro Leo que xa ten 6 anos. Estaba emocionado e con moitas ganas de celebrar a súa festa e entregarlle as invitacións a todos os seus compis do cole.
O primeiro, como sempre, foi apagar as seis candeas que parece que estaban ben encendidas e non había maneira de apagalas. Leo tivo que poñer moita intención e forza para soplalas todas. ¡Mirade!







 

Despois de traballar tanto, chegou o momento de tomar as galletas que trouxo Leo. Eu probei unha (feito sorprendente dada a voracidade dos pementeiros que pensei que levaban un par de meses sen comer nadiña) e teño que dicir que estaban supermegadeliciosas.


















 E antes de rematar a xornada, Leo foi de visita ás outras aulas de infantil para compartir coas mestras uns bombóns moi apetitosos. ¡Grazas Leo por compartir estes chocolates connosco!




miércoles, 30 de marzo de 2016

O CUMPLE DE ANA

Hoxe celebramos  o aniversario de Ana na Pementeira. Como vedes, parece que hai moitas ganas de facerse maiores e ir para Primaria porque estes nenos e nenas non para de cumplir 6 anos. Así que hoxe tocoulle o turno a Ana que quiso compartir cos seus compañeiros unhas galletas.
Primeiro a rutina habitual que consiste en apagar as 6 candeas e, despois, ¡a comeeeer! Tiñan que estar ben boas as galletas porque non sobrou nin unha migalla.




















E, antes de marchar para a casa, Ana quixo compartir coas outras mestras de infantil uns bombóns que tiñan moi boa pinta.