jueves, 31 de diciembre de 2015

¡FELIZ 2016!

Queda moi pouquiño para rematar o ano 2015. Así que, quérovos desexar a todos un fantástico 2016. E, como non podía ser doutro xeito, para rematar un ano e comezar outro novo non hai mellor melodía, con máis intensidade e enerxía positiva, que a "Marcha Radetzky" de Strauss. Aquí vos deixo ese apoteósico remate do concerto de Aninovo 2014 co mestre Barenboim. E recordade que mañán poderemos disfrutar do concerto retransmitido desde Viena. Eu non penso perdelo.

año nuevo

miércoles, 23 de diciembre de 2015

DESPEDIDA DE CHIÑO

O pementeiro Chiño vai deixar "A Pementeira" para empezar unha nova andaina noutro cole. As mestras de infantil e todos os seus compañeiros queremos desexarlle que lle vaia todo moi ben, que se reencontre con vellos amigos, e que sexa moi feliz. Nós sempre recordaremos as experiencias divertidas que compartimos xuntos aquí e, se algún día lle apetece, estaremos encantados de que nos visite e nos conte como lle vai todo.
Para que a despedida fose un momento agradable para todos, a familia de Chiño trouxo un doces para compartir con todos os seus amigos e amigas da Pementeira.




viernes, 18 de diciembre de 2015

BOAS FESTAS PARA TODOS

Desde  "A Pementeira" queremos desexarlle a todo o mundo quE pase unhas boas festas de Nadal. E para iso, aquí vos deixamos dous vídeos que esperamos que vos gusten moito.



E aquí están os pementeiros coas súas bolsas de Nadal listas para levar os seus traballos a casa.












jueves, 17 de diciembre de 2015

PREMIOS E TEATRO

Sempre repetimos esa frase que di. "O importante non é gañar, senón participar". É certo, participar fainos sentir ben porque poñemos o noso interese, o noso esforzo e a nosa ilusión nunha actividade e iso é moi importante.
O Equipo de Dinamización e Normalización da Lingua quiso ter un pequeno detalle con todos os nenos e nenas que empregaron a súa ilusión e o seu esforzo participando no concurso de tarxetas e textos de felicitación de Nadal. Por iso lles fixo entrega duns deliciosos bombóns para endulzar o día.



Así que, os meus parabéns a este gran grupo de pementeir@s participantes.

Pero, ademáis, hai un pementeiro que gañou un premio polo seu texto de felicitación que foi o elixido polo xurado do concurso.¡Parabéns, Leo!

 

Despois de tanto premio e tanta felicitación, ¡a disfrutar todo o mundo do teatro!













miércoles, 16 de diciembre de 2015

¡QUÉ FRÍO!

Está a piques de chegar o inverno. É certo que este ano non está a facer moito frío, pero aproveitando un día de xiada no que os termómetros marcaban 0º, fixemos unhas "frozenphotos" que nos deron moito xogo. 
Este foi o primeiro paso:













 Con estas imaxes elaboramos as portadas dos traballos do 1º trimestre... 
Aquí está o proceso de traballo:















E agora veñen os resultados...





 

 

 










E como as fotos me pareceron moi divertidas, pensei que podían empregarse para elaborar unha felicitación de nadal ben fresquiña. ¡A ver que vos parece!