sábado, 10 de octubre de 2015

SEGUIMOS AFRICANIZÁNDONOS

Non deixan de chegar cousas novas para o noso recuncho africano.
Lucas trouxo un precioso mural no que se mostran algunhas das cousas máis características de "África", das que xa falamos un pouquiño no cole, como por exemplo: o monte Kilimanjaro, o deserto do Sahara, as cataratas Victoria, a máscara de Tutamkhamon, animais da sabana, as pirámides de Giza e as tribus. ¡Fantásico traballo! Tamén trouxo un libro que contén moita información sobre África.


Mencía trouxo unhas páxinas dunha publicación na que observamos o fermoso busto de Nefertiti, unha das raíñas de Exipto máis fermosas (competindo duramente coa famosísima Cleopatra, claro)










Lucía trouxo un conto do Rei León, e Nora unha cobra e un libro moi interesante.




Na PDI escoitamos música africana e xogamos con TIBAO.













 Seguimos tendo novos xefes Mossi. Nesta ocasión tocoulle a Lucía e a Iker.






Estivemos pintando baobabs con acuarela.




E seguimos mirando os libros sobre África e coloreando os 54 países dese continente.
 




2 comentarios:

  1. Traballan arreo estes rapaces e rapazas. Véselles moi entusiasmados co tema e non é para menos. Ata eu mesma o estaría se puidese colarme na aula. Pero creo que xa non paso desapercibida. Ja, ja.
    Bicos

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Grazas Pili por visitarnos! É fantástico que as mamás de ex-pementeiras aínda sintan ilusión con estas cousas!!!! Xa sabes canto che agradezco os teus comentarios. Unha aperta forte, forte!!!!

      Eliminar