martes, 29 de septiembre de 2015

VIAXES INTERESANTES

Como fai pouco que chegamos de volta das vacacións estivais, moitos pementeiros/as teñen ganas de falar do que fixeron nos meses de verán. Seguro que moitos de vos xa sabedes que a min me gusta moito viaxar, e sempre pregunto  sobre as viaxes que fixeron os nenos e nenas. Así que estamos organizando as fotos das viaxes interesanes nun panel que colocamos na parede da aula.
Aquí tedes a:
MENCÍA  en  GRAN CANARIA.
NOA  en  MADEIRA.
SARA   en  ANCORADOIRO.
MARIÑA no XIRIMBAO.
LEO  no MUSEO DO PRADO (MADRID).
YAGO no ACUARIO da CORUÑA.

¡A ver se alguén foi a África e trae unha foto!
E se ningún dos pementeir@s foi aínda alí, espero que o fagan pronto porque merece a pena (e hai 54 países aos que ir!!!)

lunes, 28 de septiembre de 2015

CONTOS E MONTAÑAS

Hoxe tivemos un estupendo día na Pementeira. Foi un fantástico luns no que os nenos e nenas non dubidaron en elixir a Kirikú como o protagonista da xornada escolar. O venres coñecemos a este rapaciño africano que, malia ser ben pequeniño, resultou ser moi decidido e valente. O pequeno Kirikú, nada máis nacer, xa foi co seu tío ao territorio da bruxa Karabá.
A verdade é que eu pensei que, o venres, os pementeir@s escoitaran a historia de Kirikú sen moito entusiasmo, aínda que, certamente, estiveran atentos e calados (o cal non é moi habitual).Pero, cando hoxe preguntei que conto querían escoitar, Iker levantou a man rapidamente e dixo: ¡Kirikú!
E, nese intre, de xeito espontáneo os demáis pementeiros/as empezaron a cantar a coro: ¡Kirikú, kirikú!
Sorprendéronme,a verdade, e quixen rexistrar o momento...
Despois do conto fixemos unha actividade sobre montañas.
Aprendemos que:
  • A montaña máis alta de África é o Kilimanjaro (que, realmente é un volcán).





  • A montaña máis alta de Galicia é Peña Trevinca.
  • A montaña máis alta de España é o Teide (que está nas Illas Canarias, en Tenerife) e, na Península, o Mulhacén.

  • TEIDE

  • MULHACÉN
  • E para rematar, aquí tedes un vídeo no qu podedes ver que, cando queren, os pementeir@s saben traballar con tranquilidade, sen berrar, pedindo as cousas con educación... Así dá gusto vir ao cole porque podemos facer moitas cousas diferentes e disfrutalas sen perder tempo repetindo centos de veces o mismo para acabar berrando. 

domingo, 27 de septiembre de 2015

ACHEGÁNDONOS A ÁFRICA

Durante esta pasada semana estivemos achegándonos un pouquiño ao continente africano.
Primeiro estivemos compoñendo un gran mapa...







Despois de organizar ben as nove pezas, cada pementeiro/a foi pintando un dos países que forman parte de África (porque é un continente moi grande que ten 54 países). Pero aínda nos queda moito por pintar.









Tamén iniciamos o "Panel das tres preguntas" que nos axudará a organizar o proxecto xa que vai dando pistas sobre os coñecementos previos dos nenos e nenas e sobre os seus intereses...




Ao longo da semana tamén tivemos tempo para xogar...







E agora toca iniciar unha semana nova chea de actvidade, de novas aprendizaxes e de experiencias diversas. Seguro que o imos pasar ben!




lunes, 21 de septiembre de 2015

MATEO XA TEN 5 ANOS

O noso novo compañeiro Mateo cumpliu 5 anos e hoxe celebrámolo todos xuntos na Pementeira. 
Mateo quixo compartir connosco unha caixa de galletas (que xa sabedes que os pementeiros máis que comer, devoran). Despois de apagar as candeas, todo o mundo tivo a aoportunidade de ir escollendo as galletas que máis lle gustaban e. aínda despois de comelas, houbo quen quixo tomar a súa merenda. Debe ser que estas mañáns fanse un pouco longas e hai que encher os estómagos para aguantar ata a hora de comer!