viernes, 24 de abril de 2015

2ª SESIÓN DE YOGA

Chegou o venres e, para rematar a semana realizamos a nosa segunda sesión de yoga. 
Primeiro recordamos as tres posicións que practicamos  na sesión anterior...



 E, a continuación, pasamos a practicar tres novas posicións, bastante complicadas, que nos fixeron esforzarnos de verdade.
4.- A Postura do Avión





Penso que temos que practicar máis e reforzar o equilibrio destes pementeiros, porque estes avións están a punto de colisionar co chan. Hai que seguir traballando. O próximo día sairá moito mellor.

5.- A posición da ponte.









¡Moito mellor esta posición! Non hai dúbida de que os pementeiros fan moi ben de pontes aínda que, ó principio, a algúns/as parece que lles pesaba un pouco o culete. Pero despois, todos o fixeron moi, moi ben.

6.- A posición do arado.







Tamén costou traballo pero algúns nenos/as si que o conseguiron e demostraron ser moi flexibles. Como dí o libro "Mi papá es de plastilina" temos que confiar en nos mesmos e aínda que non consigamos facer ben unha posición no primeiro intento, con práctica, persistencia e paciencia iremos medrando cada vez máis.
Así que a próxima semana seguiremos practicando e traballando co noso corpo e a nosa mente.






jueves, 23 de abril de 2015

DÍA DO LIBRO

Hoxe celebramos o Día do Libro. É un día moi importante porque cos libros disfrutamos de historias fantásticas, emocionantes, divertidas, terroríficas ou, mesmo, musicais. Na Pementeira sempre temos os libros moi presentes, son uns amigos inmellorables, e sempre están dispostos a mostrarnos os seus segredos con palabras fermosas e máxicas e con ilustracións que despertan, aínda máis, a nosa imaxinación.
A orixe do Día do Libro remóntase a 1926 cando Afonso XIII aprobou a idea de instaurar esta celebración que o escritor Vicente Clavel Andrés lle propuxera á Cámara Oficial do Libro de Barcelona en 1923.
Un 23 de abril en 1616 morreron os insignes escritores Miguel de Cervantes e William Shakespeare. Tamén un 23 de abril naceron ou morreron outros importantes escritores como Vladimir Nabokov, Josep Pla o Garcilaso de la Vega. Así que é un día bastante sinalado en relación co mundo da literatura.

Na Pementeira hoxe falamos un pouquiño de Cervantes e das dúas personaxes máis representativas que naceron da súa pluma: Don Quixote e Sancho Panza.
A continuación fixemos unha actividade impresa moi sinxeliña para recordar a estas dúas figuras tan importantes, Cervantes e Shakespeare, que nos deixaron historias escritas que despois de varios séculos aínda nos fan disfrutar.




















Despois do recreo fomos todos os nenos e nenas de infantil xuntos á Biblioteca para ver un vídeo sobre a lectura, no que alumnos e alumnas do centro explican por qué lles gusta ler ou cal é o seu conto favorito. Tamén escoitamos o conto "Mariluz avestruz" que foi narrado por Martín Bello, un neno de 6º de Primaria.