martes, 24 de febrero de 2015

AGASALLOS PARA OS PARTICIPANTES NO CONCURSO SOBRE ROSALÍA

Como sabedes, no cole celebramos un concurso sobre a autora galega que lle da o nome ao noso centro titulado "Rosalía viaxa ao espazo". Na aula "A Pementeira" tivemos tres participantes aos que xa felicitei na aula. Hoxe, estes dous cabaleiros e unha dona chamados Iker, Leo e Inés recibiron un agasallo de parte do Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística co que se quere premiar o seu esforzo e o interese por participar nas actividades do cole. 
Tamén quero felicitar ás súas familias por adicar un pouquillo de tempo a estas iniciativas que pretenden animar aos nenos e nenas a crear cousas orixinais, ben sexan debuxos, collages, contos, comics ou calqueira outro tipo de traballo creativo.


E aproveito, tamén, para felicitar a Nerea, da aula "A Sementeira", que foi a gañadora de infantil do concurso "Rosalía viaxa ao espazo".¡Parabéns Nerea!


Durante o día estivemos recordando a un pintor alemán chamado Franz Marc que pintou, entre outras cousas, un fermoso "Cabalo Azul". Na asemblea intentamos reflexionar sobre a importancia que ten a nosa IMAXINACIÓN. Os artistas moitas veces non reflexan nas súas obras a realidade tal e como é senón que poden imaxinala de formas ben diferentes. E iso comprobámolo coa historia de Eric Carle, que xa coñecíamos, "O artista que pintou un cabalo azul"

Pola tarde observamos o cadro orixinal de Franz Marc e tratamos de colorear un, máis ou menos semellante, con témpera diluída e acuarelas. Penso que observando obras de arte, os nosos ollos vanse habituando a aprecialas e comprendelas. Por outra banda cando nos concentramos na pintura. ademáis de afianzar o control grafo-motriz (que é indispensable para escribir ben) tamén aprendemos a "escoitar os nosos pensamentos",a"conversar" cos grandes artistas, a "mergullarnos" na auga coloreada das acuarelas, a observar composicións armoniosas, ... e todo iso nos axuda a desenvolver habilidades artísticas.







Agora, gustaríame que cada pementeir@ imaxinara un animal que lle guste pero dunha cor moi diferente a que ten na realidade. Algúns nenos/as fixeron as súas propostas: unha galiña verde e rosa, unha xirafa violeta e vermella, un gato azul, unha ovella laranxa... A ver se estes cerebros pementeiros son capaces de imaxinar animais divertidos...

lunes, 23 de febrero de 2015

¡LUCÍA XA TEN 5 ANOS!

Hoxe celebramos o aniversaría de Lucía que estaba radiante porque agora xa ten 5 anos.
Mirade que rápida apagou as cinco candeas e que feliz estaba coa coroa de raíña do día.






























sábado, 21 de febrero de 2015

SATURNO 6 DE VOLTA AO TRABALLO

Despois da festa de Entroido na que Saturno 6 estivo no Módulo Infantil da  E.E.P. (Estación Espacial Pementeira), o xoves 19 de febreiro regresou á Pementeira para continuar realizando as súas tarefas diarias. Nesta ocasión as encargadas foron Zinthia e Noa que disfrutaron moito dentro de Saturno 6, aínda que repartir os lápices deste xeito foi un pouco complicado para Noa, xa que o noso robot é bastante voluminoso para ir pasando entre as mesas e as sillas.










Por outra banda, temos xa algúns traballos para presentar no concurso sobre Rosalía, que nesta ocasión tamén viaxa ao espazo. Parabéns a Iker, Inés e Leo por participar.