viernes, 30 de enero de 2015

PHILAE TEN UNHA NOVA MISIÓN: EXPLORAR A SEMENTEIRA

Hoxe foi un día importante dentro do Programa Espacial de Infantil do Rosalia (PEIR). O robot Philae tiña unha nova misión: despois de explorar a Pementeira, chegou o momento de explorar un novo territorio, a aula A Sementeira, na que están os nenos e as nenas de 5 anos.
Tivemos que preparar a misión con coidado. 
1.-O primeiro foi escribir a mensaxe que Philae tiña que entregar na aula veciña cando chegase para realizar a súa exploración do territorio sementeiro.


2.- Tras a colocación da mensaxe no robot, todos os pementeiros fomos moi, moi caladiños cara a porta da Sementeira para iniciar a misión exploratoria coa intención de coller por sorpresa aos sementeir@s.

3.- Con sumo coidado abrimos a porta da aula e puxemos a Philae en funcionamento. A primeira parte deste paso sucedeu de maneira exitosa: ninguén escoitou que abríamos a porta e Philae entrou dereitiño cara adentro. Pero na segunda parte deste paso, tivemos un pequeno erro: a mensaxe non estaba ben suxeita e caeu na entrada. Aínda así, atopouna un neno e xa lla entregou á profe Ana.

4.- Philae moveuse por toda a aula realizando correctamente a súa misión exploratoria. Non atopou signos de vida extraterreste. Pensamos que todos os individuos que se encontraban na Sementeira son exemplos claros de que hai vida intelixente nesta aula.










5.- Un habitante da Sementeira realizou a lectura da mensaxe de paz de Philae ante a atenta mirada dalgunhas das visitantes pementeiras.
6.- Os habitantes da Pementeira aproveitaron a situación para facer a súa propia exploración do territorio sementeiro e descubriron un cohete espacial que os deixou coa boca aberta.


7.- Tras o éxito da misión de paz de Philae na Sementeira, os habitantes pementeiros despídense para retornar ao seu territorio e preparar a seguinte misión programada dentro do PEIR (Programa Espacial de Infantil do Rosalía)

 

PRÓXIMA MISIÓN: EXPLORAR O PASEO DO ESPOLÓN (TERRITORIO DOS NOVOS HABITANTES DO COLE ROSALÍA QUE TEÑEN 3 ANOS)








¡LEIRE XA TEN 5 ANOS!

Estamos xa lanzados na Pementeira e outra nena cumpliu, tamén, 5 anos. Hoxe celebramos o aniversario da señorita Leire que xa é toda unha moza. Co a coroa e con decisión, apagou as candeas nun pis-pas. Cantamos todos xuntos o cumpleanos feliz e disfrutamos das galletas que nos trouxo Leire.



















jueves, 29 de enero de 2015

XOGOS NOVOS NA PEMENTEIRA

Hoxe foi un día axetreado porque fomos ao Auditorio de Padrón a escoitar as cancións de Pitusa Semifusa. Pasámolo moi ben e temos fotos e vídeos da mañán musical que pronto aparecerán polo blog. Pola tarde estreamos uns xogos novos que lles gustaron moito a todos.











miércoles, 28 de enero de 2015

UNHA CARTA QUE VIAXARÁ A..... ¡¡¡HOLANDA!!!

Os nenos e nenas de "A pementeira" vanse convertir en auténticos expertos escritores de cartas. Ademáis de escribirlle aos chic@s do profe Alberto, do CEIP Plurilingüe Tirán, agora imos mandar unha carta nada menos que a HOLANDA. Resulta que no cole organizaron unha actividade moi bonita para o Día da Paz (30 de xaneiro). Consiste en enviar mensaxes de paz a outros coles que se chamen Rosalía de Castro como o noso. Pero como non hai moitos  con ese nome, pois xurdeu a posibilidade de enviar algunha das misivas a escolas doutros países. Na nosa aula pensamos que sería moi bonito enviala a Holanda porque estivemos pintando unha fermosa obra de Vincent Van Gogh que é holandés e tamén coñecemos outra obra de Vermeer que tamén é holandés. E como son dous pintores que nos gustaron moito pois decidimos contarllo a algúns nen@s dese país. 
Encantaríanos que nos mandaran eles unha mensaxe en resposta á nosa carta. ¡A ver se temos sorte!

     "A   NOITE  ESTRELADA"
             Vincent van Gogh

                                           "O ASTRÓNOMO"
                                                                   Johannes  Vermeer

Esta é a carta que viaxará a un cole de Holanda:


E aquí están as tres cartas de infantil: a dos peques de 3 anos, a nosa e a dos maiores de 5 anos. Están expostas no corredor do cole (en realidade son copias, claro, porque as orixinais están xa de camiño a outros coles)





la paz