Aquí vos deixo un movie-maker da "Ratiña curiosa" cos artistas pementeiros cantando. Espero que vos guste. Cando volva ao cole prometo que farei a montaxe con debuxos feitos por eles, que vai quedar moito más bonito que este.
lunes, 13 de octubre de 2014
viernes, 3 de octubre de 2014
¡ESTREAMOS MANTEIS!
Hoxe estivemos de estrea na Pementeira. Por fin merendamos cos nosos manteis individuais. Algúns nen@s aínda non o remataron. Eu espero que se animen a acabalos para poder tomar as merendas todos xuntos e mantendo as mesas máis limpiñas. Agora hai que acostumarse a coller o mantel antes de merendar, a poñer as cousas encima, a limpalo antes de recollelo e volver colocalo no seu sitio ao rematar. Hoxe houbo un pouco de lío, e moitos pementeir@s non se acordaban de recollelo.
E aproveito para deixarvos un vídeo dos pementeir@s traballando hoxe disfrutando do Canon de Pachelbel. Xa imos entrando pouco apouco na nosa dinámica de traballo cotiá.
jueves, 2 de octubre de 2014
¡MÁIS FROITA!
Seguimos co noso programa de "Os mércores con froita son mellores". E estou pensando que vai ser verdade porque onte tivemos un día bastante bo na "Pementeira". O cambio de horario parece que non nos sentou mal e disfrutamos do cole pla mañán e pola tarde.
Despois de facer o traballo do día (estamos repasando os trazos dos números 1,2 e 3 porque parece que estaban un pouco olvidados) e de poñer algunhas xoaniñas nas actividades impresas (xa que houbo nenos e nenas que fixeron a tarefa requetebén) empezamos a degustar o noso menú de froita que estaba delicioso (polo que se pode intuir vendo as caras dos pementeir@s.
Pola tarde estreamos un puzle novo dun cabaleiro medieval e tamén fixemos outro moi chulo do espacio, cos planetas e astronautas e todo.