viernes, 20 de junio de 2014

ÚLTIMO DÍA DE COLE DO CURSO 2013-14

Hoxe foi o día da entrega de traballos e notas e, tamén, o día no que nos despedimos. Agora temos dous mesiños de descanso nos que poderemos durmir máis, ir a praia, viaxar, pasar máis tempo no parque e disfrutar de divertidas xornadas de verán cos amigos e a familia. 
Todos os pementeir@s estaban radiantes coas súas bolsas decoradas con medusas, desexando mostrarvos os seus traballos e as súas notas. Espero que todos os papás e mamás as recibirades coa mesma ilusión coa que eles/as as levaron.









Despois da entrega solemne das bolsas, estivemos vendo a actuación de onte no blog. E aínda volveron bailar "Tú te me dejas querer". Non sei eu, pero algún destes pementeir@s pode que faga carreira neste mundo do artisteo. E como non era cousa de poñerse a facer moito máis o ultimo día de cole pois decidmos que tamén había que despedirse dos xoguetes que temos na aula de psico...

































¡FELIZ VERÁN CHICOS E CHICAS!


jueves, 19 de junio de 2014

ACTUACIÓN ESTELAR NO FESTIVAL DE FIN DE CURSO

Hoxe tivemos o noso festival de fin de curso e os pementeiros e pementeiras, acompañados do resto de nenos e nenas de educación infantil, fixeron unha actuación fantástica recreando o xenial  flashmob "Tú te me dejas querer" de Factoría Madre Constriktor. Aínda que nos tíñamos por aquí a Asier Etxeandía, hai que decir que os pequenos do cole deron o do de peito. ¡Sen dúbida foron os mellores! E iso que as demáis actuacións do festival tamén foron ben boas. ¡Parabéns chicos/as por esa capacidade de concentración, ese ritmo e esa gracia!
Nada máis chegar fixemos unhas fotos para que quedara cosntancia do elegantes e guapísimos que viñan todos. E como era día de coronación, pois nós non íamos ser menos e sacamos as fotos diante dos nosos reis medievais.















Tras as primeiras fotos, é o momento de facer un último ensaio e a continuación...
¡a actuación estelar dos nenos e nenas de infantil do Rosalía!



 E despois  da actuación... ¡a disfrutar do resto do espectáculo!















































Rematado o festival, chegou a hora de repoñer forzas que esto do artisteo tamén cansa.


















E aínda nos quedou un pouquiño de tempo para xogar antes de ir comer. ¡Qué día tan fantástico!