lunes, 23 de diciembre de 2013

AS RENOGAFAS DE NADAL

O Nadal sempre nos anima a poñernos un pouco máis festivos, a encher o cole e as casas de luces e adornos brillantes,e a ter bos desexos para o vindeiro ano.
Desde a aula "A Pementeira" tamén vos desexamos BOAS FESTAS a todas as familias do cole Rosalía, e de maneira moi especial ás de Infantil, claro.
Aquí vos deixo unhas divertidas fotos dos pementeir@s coas renogafas que nos prestou a profe María do Paseo do Espolón (grazas profe!!!!) a modo de felicitación de Nadal.





















¿Están simpáticos, verdade? Pois as profes tamén quixemos vernos con cara de renos e puxemos as gafas coma os nenos e nenas...








jueves, 19 de diciembre de 2013

UNHA VISITA SORPRESA

Hoxe viñeron ao cole Rosalía uns visitantes especiais, vestidos con roupas moi elegantes e cun saco de cor vermella. Na aula "A Pementeira" estábamos acabando de preparar as bolsas nas que imos levar todos os traballos para a a casa ...



e, de súpeto, chamaron á porta e entraron...
¡OS PAXES DAS SÚAS MAXESTADES OS REIS MAGOS DE ORIENTE!
Dígovos que máis dun pementeiro quedou petrificado e sen fala...






... pero pouco a pouco os nenos e as nenas fóronse soltando e empezaron a dicir o que lle pediron aos Reis para que os paxes tomaran nota...

 ... e tamén se mostraron moi dispostos a coller os gusanitos que había dentro do misterioso saco vermello...











E despois dos aplausos e os bicos... a seguir traballando que mañán teñen que estar as bolsas listas para levar todo para casa (que os pementeir@s teñen moitas ganas de que os papás e as mamás vexades todo o que fixeron neste primeiro trimestre)






miércoles, 18 de diciembre de 2013

A ÁRBORE DE NADAL DO COLE

Onte os pementeir@s visitamos a árbore de Nadal que está no corredor do cole, onde imos colocando os adornos que os nenos/as van facendo nas súas casas coa axuda das familias. 
Todos estaban moi interesados buscando o adorno que máis lle gustaba.  A verdade é que chegaron cousiñas moi ben feitas, orixinais e creativas. Mirade que ben queda.