jueves, 26 de septiembre de 2013

FOLLAS DE OUTONO

Esta semana estivemos pintando follas coas cores típicas do outono: marrón, amarelo, vermello, laranxa... Empregamos esponxas para estampar a pintura e mesturar as cores. 
Aquí están os pequepementeiros exercendo de pintores:










 Agora déixovos aquí algunhas boas ideas sobre cousiñas que podemos facer con follas. A ver se alguén se anima a facer algunha destas figuriñas. Espero que vos gusten.










6 comentarios:

  1. Pero que ben estampan coa esponxa estes peque-pementeir@s! a ver cantos papás se animan a colaborar nas actividades da escola facendo debuxos con follas das árbores!!! Daniela hoxe díxome que estivera xogando coas "hojas de las árboles" e eu díxenlle "e había moitas follas" e dime "mami, así no, estuve jugando con las hojas, CON LAS HOJAS, mami, no eso que tú dijiste" jajaja!! Bicos pementeir@s!

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. JAJAJA, nós comentámolo moitas veces, na miña clase hai máis galego falantes e aínda así acabamos todos falando castelán; sempre se pasan máis ao castelán os galego falantes que á inversa pero eu creo que a tele ten moito que ver, e os contos e as cancións... aínda que cada vez temos máis materiais interesantes en galego.
      Grazas por seguirnos e comentar Pere. Un bico!

      Eliminar
  2. Bueno, bueno!!! Están feitos uns artistas, e sin manchar o mandilón!!!!
    O de facer animais coas follas, é sinxello e brillante!!!, aprenden a recoñecer as árbores polas follas, e os animais.....
    Seguro que non che queda un ratiño para facer de monitora en actividades extraescolares???, jejeje,
    Xa sei 200% adicada os pementeiros DOS.
    E é unha pena, seguro que sería unha actividade con gran afluencia, ja, ja. Bicos e apertas.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Creo que non sería boa idea! jejejeje. Estamos intentado disfrutar coa pintura, coas cores, coa expresión plástica e espero que no futuro lles guste tanto como me gusta a min! GRAZAS, Mela!

      Eliminar
  3. Que concentrados! Como disfrutan coas cousas novas...

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Polo menos estamos intentando que sexa así. Hai moitos cambios na vida destes nenos e nenas e algúns están costando algún que outro disgustillo, pero penso que estamos empezando a disfrutar con estas actividades novas como dis ti. Grazas Pili por seguirnos!

      Eliminar